Rosalía de Castro
O 24 de febreiro fetéxase o día de Rosalía de Castro, xa que a autora naceu tal día no ano 1837.
Rosalía soubo captar os sentimentos de Galicia, unha poesía entendida, recitada e cantada polos galegos, moi identificada coa súa obra. Galicia convértea na súa heroína, unha figura mítica amada polo pobo.
Por esta razón os alumnos e alumnas de sexto elaboraron este mural.Nel incluirón poemas da autora, a vida da autora en imaxe, unha frase da escritora, algúns dos seus títulos máis destacados, algunhas notas de prensa e unha cronoloxía cos feitos máis determinantes na súa vida.
E para rematar varias propostas sobre a poesía de Rosalía de Castro Parece unha rosa
Bo día a todos e a todas, gozade da Poesía de Rosalía!
Comentarios
Publicar un comentario