Tarefas 5 a 8 de maio





Para esta semana imos facer estas tarefas

Imos comenzar a empregar o libro dixital para seguir vendo algúns dos contidos básicos que quedaron sin ver.
Para acceder o libro dixital mandeivos unha clave e unha contrasinal para cada un por correo e o manuel de uso. 
Nesta ocasión imos entrar no libro de lengua Castellana, na unidades 8, en gramática, imos:

  • ler a gramática da páxina 126
  • facer os exercicios ( podemos facelas no libro empregando o icono do lápiz ou facelos directamente na libreta)
  • realizar os exercicios interactivos que se atopan na caixiña azul
  • finalmente aumentaremos unha folla máis ao flipbook coa teoría  aprendida: el sujeto.
Aquí vos deixo un vídeo con un truco para recoñecer o suxeito.

Lembrade que o que realicedes no libro dixital queda gardado e podo velo  ( xa non terìades que mandar).
Se tendes algún problema para acceder ao libro dixital, poñédevos en contacto conmigo e buscamos unha solución.

A maiores fai cada día unha ficha de lingua galega, outra de lengua castellana e dúas de matemáticas de repaso. E lembrade seguir escribindo no  diario ata que dure o período de cuarentena.



Aquí vos deixo un video titorial para acceder ao libro dixital. Espero que vos sexa de axuda.

Comentarios

Entradas populares