Tarefas para 2 semanas (do 23 de marzo al 3 de abril)

En vista de que a situación de alerta se alonga preparei unha proposta didáctica para estas dúas semanas.
A proposta consiste nunha investigación sobre o Coranovirus. Propóñovos algunhas fontes e os aspecto a investigar.  Para rematar pido a realización de 5 tarefas finais. 
A investigación vai explicada no documento en pdf.





A temporalización proposta é a seguinte:

Non esquezades seguir facendo, a parte  da investigación proposta, dúas fichas de matemáticas da entrada anterior. E seguide lendo un libro. É un bo momento para a lectura. Para isto está, entre outros servizos, GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, películas e audiolibros en formato electrónico da bibliotecas públicas galegas. A través desta pódense descargar e visionar obras en formato dixital de temáticas diversas nas que os intereses de todas as persoas lectoras teñen o seu espazo e o seu lugar.
En concreto, en GaliciaLe hai máis de 4.500 títulos, dos que a maioría están en galego e en castelán, pero tamén os hai en inglés, portugués, francés, italiano, catalán e éuscaro, libros infantís, xuvenís e para adultos. Ademais conta cun total de 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes, curtas ou documentais. Para facilitar o acceso a esta plataforma só será necesario rexistrarse na mesma e non será preciso ter o carné de lector dalgunha biblioteca pública


 
A Xunta de Galicia, a través de todos os seus departamentos e centros dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, propón para o período que dure o estado de alarma por mor do coronavirus unha programación con abondosas actividades de lecer cultural a través de Internet. Propostas pensadas para toda a familia que poden seguirse a través da campaña #aculturasegue en todas as redes sociais das súas dotacións. Trátase dunha etiqueta á que a Xunta convida a sumarse ás institucións culturais, aos nosos creadores e a toda á cidadanía para compartir a nosa cultura.
Podes visitar 

Comentarios

Entradas populares