Algúns recursos para repasar
Na entrada de hoxe quero recomendarvos algúns recursos para que neste tempo de recollida vos entreteñades e ao mesmo tempo repasedes.
Lengua Castellana
Espero que vos gusten. Gozádeos moito !
- Na canle de YouTube reunidos unha boa serie de Pasagalegos elaborados pola rapazada do IES da Pobra, do Fogar de Santa Margarida da Coruña… Seguro que che gustan. Só tes que activar os vídeos e xogar.Adiante, pon a proba o teu fondo de vocabulario. Tamén podedes xogar en familia. Quen é o mellor «pasagaleguista» da casa?
- O xogo do tabúTrátase dunha presentación coa que poderás xogar ao tabú coa túa familia. Só poderá ver a pantalla a persoa concursante, que definirá a palabra da pantalla evitando dicir os termos prohibido. Adiante! A xogar!
- Un palíndromo, como moitos de vós xa saberedes, é un enunciado (palabra, oración ou texto) que se le igual de dereita a esquerda que de esquerda a dereita. É dicir, pola súa simetría é unha expresión capicúa: ollo, radar, relaxa ler…Ademais de ser un clásico enredo ou pasatempo lingüístico, tamén foi usado para crear obras mestras literarias como o poemario A torre da derrota, de Gonzalo Navaza.A proposta que facemos hoxe é que xogues a crear os teus propios palíndromos e que os ilustres, ben de forma artesanal (con lapis, papel, cores…) ou ben de forma dixital.Pode serche útil este xerador automático de palíndromos. Para min, o mellor, porque é moi sinxelo de usar. Aínda que estea en inglés, vale para calquera lingua.A imaxe que podes ver abaixo váleche de exemplo. É o primeiro dunha serie de palíndromos ilustrados.Adiante! A espremer un chisco os miolos!
Lengua Castellana
- Para practicar aquí vos deixo uns dictados cortos divertidos para os alumnos de sexto.
- Aquí tendes este caderno con exercicios de ortografía para sexto.
- Este caderno de ortografía non é un caderno de fichas, senón estratexias seguida intuitivamente por persoas con boa ortografía. Unha vez automatizado este xesto mental, a ortografía apréndese mellor.Esta metodoloxía está baseada nunha rama aplicada da psicoloxía: programación neurolingüística (PNL). Non obstante, este caderno foi deseñado de xeito que poida usarse sen ter coñecementos de psicoloxía, pedagoxía ou neurolingüística.
- Matemáticas
- “Jumanji Matemático“. Trátase dun taboleiro no que en cada recadro terás que resolver un reto; o primeiro que chegue desactivará a maldición.
- Neste enlace van unhas fichas de reforzó e ampliación de sexto de primaria da editorial Santillana.
- Outro caderno de actividades de matemáticas para sexto tamén da editorial Santillana.
- Aquí vai un caderno con diferentes problemas, nel indícanvos os pasos a seguir. Lembrade que é fundamental seguir tódolos pasos e darvos tempo para reflexionar e razonar.





Comentarios
Publicar un comentario