Cartas solidarias
Nestes días toca ser solidario. Hai moitas persoas ingresadas polo SARS- COV2 que están moi soas. As visitas da súa familia e do persoal médico están moi restrinxidas.Para animalos, podemos escribirlles cartas de apoio ou facerlles chegar debuxos. Despois de realizalos, debémolos enviar a este enderezo de correo electrónico. O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes.
cartas.venceremos.covid19@gmail.com
Estás son as cartas que escribiron os alumnos e alumnas de sexto de primaria.
Comentarios
Publicar un comentario