Diario de cuarentena
Esta semana os alumnos de sexto de primaria comezaron a escribir UN DIARIO DE CUARENTENA
Dedicaron as primeiras follas a presentarte ( con fotos, debuxo…). Explican brevemente que etapa están pasando e que é o que está a suceder neste momentos no mundo. Noutras follas fan listas como:
- unha lista dos seus obxectivos a curto e longo prazo.
- unha lista con todas aquelas cousas que están facendo na cuarentena
- Outra lista con aquelas cousas que lle gustaría facer cando acabe a cuarentena.
E ao longo do diario escriben sobre os acontecementos do día: todo o que pasou ese día, sensación salientable...
Siguen as seguintes pautas:
- Escribir a data na esquina ou na primeira liña. Pode que non escriban no diario todos os días, polo que poñer datas nas publicacións axudará a non perder o control de cando sucederon as cousas. Tamén poden indicar a hora.
- Comezar cada entrada cun tema presente. Pode ser calquera cousa, algo que lle pasase no día: un soño, un plan de futuro, un evento, unha idea ou unha emoción ou un espírito forte que están a sentir.
- Comezar con "Estimado diario".
- Escribir en primeira persoa.
Para ver enteiro o diario de Breixo clica sobre a imaxe.
Para ver enteiro o diario de Brais clica sobre a imaxe.










Comentarios
Publicar un comentario