Tarefas semana do 14 ao 24 de abril
Bos días!!
Xa estamos de volta de vacacións de Semana Santa. Espero que estedes tidos ben e estedes a aproveitar estas circunstancias para sacar cousas positivas: desfrutar das conversas en familia, facer as cousas que sempre tiñades na lista de pendentes, sacar tempo para ler..
Voy poñer traballo para estas dúas semanas, do 14 ao 24 de abril.
Seguides facendo as fichas de matemáticas e de lengua castellana como sempre. Ademáis colgo fichas de lingua galega para que fagades unha ficha de lengua e outra de lingua.
A maiores propoñovos a realización das seguintes tres tarefas coa súa correspondente temporalización ( com sempre flexible).
Xa estamos de volta de vacacións de Semana Santa. Espero que estedes tidos ben e estedes a aproveitar estas circunstancias para sacar cousas positivas: desfrutar das conversas en familia, facer as cousas que sempre tiñades na lista de pendentes, sacar tempo para ler..
Voy poñer traballo para estas dúas semanas, do 14 ao 24 de abril.
Seguides facendo as fichas de matemáticas e de lengua castellana como sempre. Ademáis colgo fichas de lingua galega para que fagades unha ficha de lengua e outra de lingua.
A maiores propoñovos a realización das seguintes tres tarefas coa súa correspondente temporalización ( com sempre flexible).
Luns
|
Martes
|
Mércores
|
Xoves
|
Venres
|
14
|
15
-Deseñar e planificar o diario.
-Ler sobre o subliñado
|
16
-Deseñar e planificar o diario.
-Facer ficha 1 sobre o subliñado.
|
17
-Deseñar e planificar o diario.
-Facer ficha 2 sobre o subliñado.
| |
20
-Escribir diario.
-Facer ficha 3 sobre o subliñado.
|
21
-Escribir diario.
-Facer ficha 4 sobre o subliñado.
|
22
-Escribir diario.
-Facer ficha 5 sobre o subliñado.
|
23
-Escribir diario.
-Actividade para o día do libro..
|
24
-Escribir diario.
-Facer ficha 6 sobre o subliñado.
|
Indicacións para as tarefas:
Tarefa 1: ESCRIBIR UN DIARIO DE CUARENTENA
A idea é comezar esta semana un diario e continúar ata que dure o período de cuarentena.
Os pasos a seguir son:
1. Elixe o diario:
Pode ser un caderno, unha libreta, un libro en branco, ou un ficheiro do procesador de textos do ordenador. Se escolles un caderno físico neste video podes ver como elaborar un caderno moi sinxelo que queda moi ben. Anímate a facelo, é moi doado ¡
2. Dedica as primeiras follas a presentarte ( podes poñer fotos, debuxo…). Explica brevemente que etapa estades pasando e que é o que está a suceder neste momentos no mundo. Dedica outras follas para facer as seguintes listas:
Ø unha lista dos teus obxectivos a curto e longo prazo.
Ø unha lista con todas aquelas cousas que estás facendo na cuarentena
Ø Outra lista con aquelas cousas que che gustaría facer cando acabe a cuarentena.
Nestas follas podes usar letras de diferentes tipos, debuxos, imaxes…se creativo.
3. Escribe sobre os acontecementos do día. Pensa en todo o que pasou ese día e rexistra calquera momento ou sensación salientable que che chame a atención. Mesmo se o teu día foi moi normal, pode estar sorprendido con pensamentos e sentimentos máis profundos que se lle ocorren ao escribir os detalles do día.
Como deben ser esas entradas:
§ Escribe a data na esquina ou na primeira liña. Pode que non escribas no teu diario todos os días, polo que poñer datas nas túas publicacións axudará a non perder o control de cando sucederon as cousas. Se queres, podes indicar a hora.
§ Comeza cada entrada cun tema presente. A maioría da xente toma o seu diario cando ten algo que escribir en papel ou pensa. Pode ser calquera cousa, algo que che pasase nun día, un soño que tiveches, os teus plans de futuro, un evento, unha idea ou unha emoción ou un espírito forte que estás a sentir.
§ Comeza con "Estimado diario".
§ Escribe en primeira persoa.
Tarefa 2: TRABALLAR O SUBLIÑADO
1. Lee en que consiste subliñar e descubre as técnicas de subliñado.
2. Realizar as 6 fichas sobre subliñado..
Tarefa 3: ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO
Xa sabedes que o 23 de abril é o día do libro. A proposta para este día é participar na actividade PRESUME DE LINGUA. BOTÁMOSLLE UNS CONTOS??
Trátase de gravar un audio ou un vídeo contándonos algo: un contiño, unha adiviña, un trabalinguas, un chiste, un monólogo, unha lenda... en fin ... o que se vos ocorra.
O audio ou un vídeo non ha de durar máis de 5 min.
Lembrade presentarvos, explicar brevemente o que ides facer, CONTALO e despedirse. Se utilizades algún conto ilustrado e o mostrades, lembrade nomear o autor/a e a
editorial.
Para aqueles que teñades pánico escénico, non tendes porque mostrar a cara, ou chega con gravar un audio.
Todo o que resulte destas tres tarefas propostas mándádesmo ao meu correo:
lauravazquezgarcia@edu.xunta.es
Comentarios
Publicar un comentario