programacións Adaptadas


Aquí podedes consultar as adaptacións das programacións didácticas de sexto para o 3º trimestre, realizadas no centro segundo o establecido nas Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Clica sobre a signatura que queiras consultar para acceder a programación.


Aclaración moi importante sobre a avaliación deste trimestre.

CUALIFICACIÓN FINAL CURSO 2019/2020

Procedemento para obter a cualificación final de curso

  • A cualificación final de curso obterase calculando a nota media da 1ª e a 2ª avaliación. 
  • A avaliación das actividades realizadas no 3º trimestre só se terá en conta se ten valor positivo para a cualificación do alumnado, podendo aumentar a nota media da 1ª e a 2ª avaliación un máximo dun 10 %.
  • O traballo feito no 3º trimestre non será avaliado do mesmo xeito que o do 1º e 2º  trimestre. Servirá, exclusivamente, para recuperar as avaliacións pendentes ou para  mellorar a cualificación final. Nunca se poderá minorar a cualificación obtida polo  alumnado na 1ª e na 2ª avaliación.
  • A avaliación do alumnado no 3º trimestre terá en conta as aprendizaxes e  competencias imprescindibles establecidas na adaptación da programación.
  • As materias non superadas da 1ª ou da 2ª avaliación poderán recuperarse co traballo e  as probas que se poidan facer durante o 3º trimestre.
Criterios de promoción

  • A promoción de curso será a norma xeral, considerándose a repetición de curso unha  medida moi excepcional, que estará sólidamente argumentada e acompañada dun plan de recuperación. 
  • A repetición non poderá estar baseada únicamente no número de materias non superadas. Así, o alumnado con materias pendentes pode promocionar. 
  • O equipo docente valorará a progresión académica do alumnado e as posibilidades que ten de continuar no curso posterior co programa de reforzo correspondente.
  • A decisión de promoción será adoptada por todo o equipo docente de forma colexiada, co asesoramento da orientadora do centro, tendo especial consideración as valoracións do titor/a.

Comentarios

Entradas populares