Tarefas letras Galegas 2020


Este ano dedícase as letras galegas a Ricardo Carvalho Calero.
Estas son as tarefas que propoño:
1. Un lapbook sobre o autor
2. Participación nun vídeo sobre o autor

Lapbook de Ricardo Carvalho Calero.
A palabra lapbook provén do inglés e literalmente traducido sería "libro con  solapas". Un lapbook é un tipo de libro de cartolina que se usa para presentar información sobre un tema.
Dentro dun lapbook colocamos solapas, fiestras, fotos enganchadas, pequenos libros, sobres que conteñen información e todo tipo de elementos para expoñer un tema específico.
Nesta ocasión o lapbook que propoño é a creación dun conto baseandonos nun relato de Ricardo Carvalho Calero.
Faremos unha portada na  que estará a biografía do autor. Pósede poñer un título como: letras galegas 2020 e non vos esquezades de poñer os vosos nomes.


Nas páxinas interiores van uns sobres com tarxetas nas que escribimos os elementos da nosa historia:
As personaxes: poremos tres tarxetas, unha para o protagonista, outra para os secundarios e outra para o antagonistas (o inimigo).
Marco: con dúas tarxetas: unha para o tempo da nosa historia ( por exemplo durante un inverno, no ano 1982…) e o espazo ( por exemplo: un monte, un castelo…)
Conflito: cal é o problema que xurde.
Final: como se resolve.





 Na outra folla colocaremos unha plantilla na que estan as tres partes da historia e recortar polas líneas para que queden tres solapas.

  • Introdución A introdución é a parte inicial onde se presenta a historia, preséntanse os personaxes e o propósito de cada un. Neste caso usamos de introdución o inicio da obra OS CATRO de Ricardo Carvalho Calero:
  • Eu queríalles moito aos meus tres irmáns, e sen- do como era o primoxénito, dábame diante deles un certo ar inofensivo de persoa maior. No colexio levaba moi boas notas. Gustaba de saír de paseo con meu pai, e facíalle constantemente preguntas. Tomaba moi en serio o que me ensinaban, e cría que todo aquilo era moi útil. Levaba camiño de ser un sabio, e non un home de negocios. Mais, a dicir verdade, aquella a miña verdadeira arela era ser xeneral. Non tiña moi- tos amigos, e pasaba gran parte dos domingos nun faiado da casa, acoitelando cun bastón un sofá vello. A guerra, para min, era inseparable da esgrima.
  • Nó: O nó é a sección que presenta o conflito, onde toman forma e suceden os feitos máis relevantes da historia. O nó é a parte media do conto, que nace a partir da alteración ou do crebe do exposto na introdución.
  • Desenlace: O desenlace é a parte final onde se dá o  clímax que relaciona o conto coa finalización, onde se resolve o problema exposto entre os personaxes. Sempre hai un desenlace, aínda nos contos pode haber final aberto, e pode  ser ou non un final feliz.





No pdf adxunto van as plantillas para realizar o  lapbook proposto. Lembrade que se empregades folios de colores queda máis organizado visualmente.
plantillas Lapbook Letras Galegas

Vídeo do conto : “Pitas baixo a choiva”
Para festexar o Día das Letras Galegas (17 Maio), todo o colexio particitará nun vídeo sobre a obra do autor Ricardo Carvalho Calero: “Pitas baixo a choiva”.
Os alumnos de sexto participan poñéndolle voz ao vídeo. Cada un de vós ten asignada unha frase que debe grabar e mandarma ao correo.
O reparto é o seguinte:



Nota : o galego no que escribe o autor, non se correspinde co galego normativo que empregamos actualmente.
Adxunto un glosario de palabras que poden resultar difíciles.


Comentarios

Entradas populares