Tarefas do 8 ao 12 de xuño
Esta semana imos retomar o libro dixital. A semana pasada pedín uns días por asuntos persoais, pero esta semana xa estou de volta.
Aproveito para lembrar que me faltan por responder algúns pais o correo da excursión.
As tarefas para esta penúltima semana son:
Lengua Castellana
Nesta ocasión imos ver os complementos do predicado verbal: complemento ditecto e indirecto. Deíxovos uns videos explicativos.
Ao rematar os exercicios non vos esquezades de pasar os apuntes a outra solapa do flipbook. O flipbook ten como obxectivo que vos quede como uns apuntes de lengua para que consultedes para o ano cando fagades o análisis gramatical. Espero que vos sexa útil !
Matemáticas
Nesta ocasión imos rematar os exercicios do outro día: o 4,5,6 e 7. Sei que no libro de matemáticas non é moi cómodo escribir. Podedes facelo na libreta.
Ciencias Sociais
Esta semana ides ler o tema 5: impacto humano no medio ambiente.
Ao rematar de ler e entendelo, ides facer as actividades finais, podede facelas no libro empregando cadros de texto. E para rematar ides facer a actividade de:
- Educación cívica : explicar cómo se pode explotar a madeira dun modo sostible.
- Do cadro violeta elixides unha destas tres tarefa e mandádesma:
- Cartel publicitario dos catro erres.
- Traballo investigación sobre Félix Rodríguez de la Fuente.
- Informe sobre un parque nacional.
Comentarios
Publicar un comentario